PRESENTACIÓN DO LIBRO “AGORA NON É ANTES. IDEAS PARA UNHA REVOLUCIÓN TRANQUILA”, DE ANTÓN BAAMONDE. INTERVEÑEN TAMÉN HENRIQUE SANFIZ E MARISA BARREIRO. VENRES 17-04-26, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro AGORA NON É ANTES. IDEAS PARA UNHA REVOLUCIÓN TRANQUILA, do filósofo e escritor vilalbés ANTÓN BAAMONDE, editado por GALAXIA.

Estará acompañado por HENRIQUE SANFIZ, de Radio Fene, e será presentado por MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha

O acto terá lugar o venres 17 de abril de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.

AGORA NON É ANTES

Agora non é antesIdeas para unha revolución tranquila le Galicia doutra maneira.

Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar as retóricas da pasividade, enfocar o país dun modo máis plausible, é o que propón este libro.

Galicia está acabando a gran transformación que se produciu no último medio século e, á vez, entrando nun momento crucial da súa historia. Na acelerada e tormentosa inflexión mundial que se está producindo haberá unha nova oportunidade? Sería posible unha revolución tranquila? Sería posible que o fenomenal cambio económico e social que viviu Galicia nas últimas décadas abrise o camiño a unha transformación política e cultural? Sería posible un camiño propio, un modelo de modernización coherente, unha nova narrativa colectiva? Sería posible, indo máis aló, unha Galicia que axude a construír unha España policéntrica e un pacto federal, integrada na UE? (editorialgalaxia.gal)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad