PRESENTACIÓN DO LIBRO “CEREIXAS ROUBADAS” DO COLECTIVO “COMADRES DAS LETRAS”. 23/05/25-20:00-CASA DA CULTURA DE VILALBA

O IESCHA organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba e da Editora Alvarellos, a presentación do libro “CEREIXAS ROUBADAS”, do Colectivo COMADRES DAS LETRAS, con limiar de Marga do Val.

O acto terá lugar o vindeiro venres 23 de maio de 2025, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba, e contará coa presenza de escritoras do Colectivo Comadres das Letras. Presentará o evento Sabela Figueira, vicepresidenta do Iescha.

Cereixas roubadas

As Comadres das Letras regresan cunha nova e suxestiva proposta literaria. O colectivo de escrita feminista rende homenaxe a Luísa Villalta. Trece voces asinan as súas creacións nuns textos que transitan do verso á prosa, da peza dramática ao caligrama.

Comadres das Letras é un colectivo feminista de escritoras nacido en 2022 en Santiago de Compostela, impulsado por obradoiros literarios dirixidos por Eli Ríos e organizados pola AELG. O grupo promove a visibilización das mulleres na literatura e reivindica o termo “comadre” como símbolo de apoio mutuo entre mulleres, proposta que foi incluída no dicionario da RAG en 2024. “Comadre” foi elixida tamén palabra do ano.

Publicaron dúas obras colectivas: “Contármonos” (2023) e “Cereixas roubadas” (2025), esta última en homenaxe a Luísa Villalta. Participaron en recitais, encontros literarios e actividades culturais e educativas, destacando a súa presenza na SELIC, na homenaxe a Aurora Marco e nas xornadas feministas da UNED. Tamén foron finalistas nos Premios Follas Novas na categoría de Promoción da Lectura.

O colectivo continúa activo realizando presentacións, encontros en clubs de lectura e intervencións en centros educativos e culturais, como o IES O Carril ou a Biblioteca Ánxel Casal. A súa traxectoria destaca pola combinación de creación literaria, compromiso feminista e dinamización cultural, converténdose nun referente na loita pola igualdade a través da palabra escrita e pola recuperación do valor comunitario e simbólico do termo “comadre” na cultura galega.

Forman parte do colectivo: Carmen Villar Alonso, Isabel Cribeiro, Chus Prol, Xulia Crego, M. C. García, Eva Teixeiro, Nela Valado, Marisa de Corme, Ana Barja, María Álvarez Landesa, Marta Abal Vaquero, Flora Miranda, Marga C. Castro.

Entrada de balde ata completar aforo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad