PRESENTACIÓN DO LIBRO DE MANUEL C. SANTAMARIÑA “A NOITE QUE SE FOIA A LUZ”. XOVES 5 DE XUÑO DE 2025, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, Xermolos e a Irmandade Manuel María, coa colaboración do Concello de Vilalba, organizan o xoves 5 de xuño de 2025, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a presentación do libro “A NOITE QUE SE FOI A LUZ”do que é autor MANUEL CASTRO SANTAMARIÑA

Intervirán tamén ALFONSO BLANCO TORRADO, presidente de Xermolos, e MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha.

“A NOITE QUE SE FOI A LUZ, primeira novela de Manuel Castro Santamariña, é unha narración entrañable que comeza cun feito sinxelo: unha noite de temporal na casa dos avós, na que un apagón deixa todo ás escuras. Mais esa falta de luz convértese nunha oportunidade máxica para redescubrir a palabra falada, a memoria e as raíces.

O relato constrúese a través da conversa entre un neto e o seu avó, ao pé da cociña de ferro, á luz dunha vela. O neno pregunta, escoita, imaxina… e o avó fala, lembra, revive. Así viaxamos á Galicia rural de hai décadas, onde os días eran longos, as vacas tiñan nome e personalidade, os xogos eran feitos de paus e fantasía, e as noites eran de lareira, contos e familia…”

MANUEL CASTRO SANTAMARIÑA (Guitiriz, 1958)

Mestre retirado, exerceu o seu labor docente en colexios de Cariño, As Pontes, Aranga, Xermade e Vilalba. Comprometido e vencellado sempre a actividades relacionadas coa defensa e divulgación do patrimonio cultural galego, foi membro da AC Xermolos de Guitiriz, do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba e do Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) do que forma parte da súa xunta directiva desde a súa fundación no ano 2000 e ocupou a presidencia desde o ano 2009 ao 2017. Ten colaborado en diversas publicacións colectivas, revistas e programas de radio e TV. En 2013 publicou o Cancioneiro das terras de Aranga, editado pola Deputación da Coruña.

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad