O Instituto de Estudos Chairegos organiza o martes 16 de xaneiro de 2024, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, un acto no que se procederá á PRESENTACIÓN DO LIBRO E A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “TINTA DE FOL”, de DAVID CUENCE e BOROA, e que contará tamén cunha DEMOSTRACIÓN PICTOACÚSTICA.
Tinta de Fol
Tinta e sons chegan a esta mostra que tenta ampliar as sensacións.
Unha colección de pintura abstracta que transforma as ondas sonoras en pinceladas negras e grises. Composicións musicais da artista Sabela Olivares harmonízanse coa tinta chinesa sobre o papel da man do ilustrador David Cuence.
As pinturas van acompañadas de partituras musicais impresas, oito composicións para gaita e unha para piano que forman parte do último disco O`Clásico Fol de Boroa, trío do que Sabela forma parte como gaiteira solista. Un estímulo audiovisual materializado en nove pezas que poderán contemplarse mentres son escoitadas. A exposición estará aberta ata o 30 de xaneiro no horario habitual da Casa da Cultura de Vilalba.
David Cuence
Na súa pintura mestúranse temas mariños e terrestres con reivindicación social e unha tradición musical con especial atención ao xesto e ao retrato humano.
Con esta exposición comeza a explorar un novo camiño dentro da abstracción.
“Door” (banda deseñada escrita por Antonio Martínez Ron, 2017) e Sintaxe (cofundador e deseñador de marca e de produto, 2018). Tamén é creador de diferentes produtos relacionados coa cultura galega como “Barallada”, “Galician Rock Stars”, “Sebo de Ghrilo”, etc.
Sabela Olivares
Adícase profesionalmente á música como intérprete e docente dende os 19 anos. Dende o ano 2004 participa como intérprete e compositora en diferentes proxectos musicais que desembocaron na gravación de diversos traballos discográ cos como A Companhía do Ruido (2005), Pensares galegos (2013) e O Punchi must go (2018) entre outros. No ano 2022 publica dous libros de valses para gaita e piano e colabora noutras publicacións como As que dormen entre o centeo (2023).
Boroa
Grupo musical galego integrado por Suso Bello, Alberto Millán e Sabela Olivares. Coa gaita como protagonista, Boroa presenta un conxunto de melodías de creación propia construindo un universo sonoro que propón unha viaxe musical alén do Atlántico, que parte da nosa raíz e se achega a harmonías de diferentes xéneros musicais como o swing, o jazz manouche ou o ragtime.
A proposta de Boroa ofrece un directo variado onde se integran, ademáis dos temas do seu disco O`Clásico Fol, interpretacións de música contemporánea, de clásicos do cine ou repertorio tradicional doutras culturas.
A entrada será libre ata completar aforo.