PRESENTACIÓN DO LIBRO “O PASO EN FALSO” DE ABRAHAM PÉREZ. VENRES 12 DE XANEIRO DE 2024, ÁS 20:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, COA INTERVENCIÓN DE ABRAHAM PÉREZ E MIGUEL ÁNGEL QUINTANAR.

O  Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba e da Editorial Galaxia, organiza o venres 12 de xaneiro de 2024, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a PRESENTACIÓN do LIBRO “O PASO EN FALSO”,  do que é autor ABRAHAM PÉREZ.

O acto, primeiro deste novo ano 2024, contará coa presenza do propio autor do libro, Abraham Pérez, e de Miguel Ángel Martínez Quintanar, filósofo e ensaísta

O PASO EN FALSO

Manuel Bugallal é unha especie de Ulises posmoderno que gravita entre tres cidades: Santiago de Compostela, Lugo e Madrid, na procura da composición do quebracabezas que supón a descuberta do mundo e a identidade. O paso en falso pódese ler como unha novela de formación, inclusive de formación do artista; como unha novela política, existencial, de angustia vital, cun sutil fío de humor que tenta retratar unha época e unha xeración devastada pola crise económica ou nada disto, talvez. Un retrato da Galicia contemporánea.  

Abraham Pérez (Lugo, 1990) é graduado e mestrado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela; ademais cursou estudos de guionista. É autor da novela O paso en falso (Editorial Galaxia, 2023: Finalista do XXXIV Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega), do ensaio Sacho de seda (Menino Morreu, 2023) e dos libros de poemas: o corpo transparente das horas (Editorial Galaxia, 2022), unha teoría para os espectros (Toxosoutos, 2021: gañador do 2º premio do III Certma de Poesía Torre de Caldaloba) e Fragmento/Creba (Editorial Galaxia, 2020). En maio do 2021 acadou o Accésit no XXV Certame Francisco Añón de Poesía convocado polo Concello de Outes coa obra toxicidade. Foi un dos artistas seleccionados para desfrutar da Reisdencia Artística Mariñán de literatura e pensamento no ano 2022 convocada pola Deputación da Coruña; e da Residencia de creación literaria Illa de San Simón no 2023, convocada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Parte da súa obra foi traducida ao portugués e o español, e, en breve, aparecerá en francés.
Amais, ten colaborado con distintos medios e revistas especializadas como Grial, Luzes, Praza Pública, Dorna: expresión poética galega ou Xistral, entre outras.
Convén sinalar que a súa obra está presente en diferentes antoloxías, así como que forma parte do grupo poético Lupercais.

A entrada será libre ata completar aforo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad