
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a PRESENTACIÓN do libro “OS MADRILEÑOS NON SEMPRE VEÑEN EN AGOSTO”, de FRANCISCO GARCÍA NOVIO, publicado por Medulia editorial.
Intervirán no acto: Francisco García Novio, Marisa Barreiro Mejuto e Manuel Castro Santamariña.
A presentación levarase a cabo o venres 21 de marzo de 2025, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba
Os madrileños non sempre velen en agosto
Resumo: Sabela, unha moza que vive en Madrid e que vén dunha ruptura matrimonial, decide, para curar as súas feridas, retornar á súa aldea natal a mediados do mes de maio -cando o habitual é que os madrileños volvan en agosto- e o feito produce estrañeza na veciñanza.
Nada máis chegar, aínda entre bágoas e suspiros, soubo que Antón e Paulo, amigos da nenez e compañeiros da escola, aos que lembraba como íntimos amigos, están anoxados de xeito irreconciliábel. A curiosidade obrígaa a investigar as causas desa inimizade, pescudando e preguntando a uns e a outros, incluídos os protagonistas.
Non podía sospeitar as consecuencias que esas indagacións terían para eles e para ela mesma.
FRANCISCO GARCÍA NOVIO nacido na aldea Santa María de Marrozos, preto de Santiago o 30 de agosto de 1953.
Estudiou Medicina en Santiago e fixo a especialidade de Uroloxía na Coruña, exercendo desde 1977 ata a actualidade.
Desde o punto de vista literario confésase lector desde neno e escritor de relatos, con dous libros publicados:
- ”Os madrileños non sempre veñen en agosto” Editorial Medulia, 2023
- “A voz do mosquito” Editorial Medulia, 2024
Entrada de balde ata completar aforo
[…] de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a presentación do libro OS MADRILEÑOS NON SEMPRE VEÑEN EN AGOSTO, de FRANCISCO GARCÍA NOVIO, publicado por Medulia […]