PRESENTACIÓN DO LIBRO “SPEECHWRITER”, DE PAULO NASEIRO. XOVES 30 DE XANEIRO, ÁS 20:00H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a presentación do libro “SPEECHWRITER”, de PAULO NASEIRO, que terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba, o xoves 30 de xaneiro de 2025, ás 20:00 horas, e contará coas intervencións de Paulo Naseiro, Marisa Barreiro e Chema Felpeto.

SPEECHWRITER:

Autor: PAULO NASEIRO.  Editorial: BOD – BOOKS ON DEMAND.  ISBN: 978-84-1092-054-5.  Ano: 2025.   Nº páx.: 164.

Ás veces é mellor estar calado. Unha tía miña, que todo o solucionaba con ditos e refráns, dicía algo así como “un é escravo do que di e dono do que cala”. Sempre me pareceu un sabio aforismo, e se cadra debería terlle feito caso nalgunhas ocasións, aquelas que, aínda que raras, contribuíron a dar bruscos cambios de sentido á miña vida. 

Paulo Naseiro (Vilalba, 1970) era un daqueles nenos que seguían aos gaiteiros nos pasarrúas, e de mozo saltaba nos concertos de Xorima. É o xerme dunha vida dedicada a cultivar varias disciplinas artísticas e literarias a narrativa longa ou breve, a investigación histórica e social, o xornalismo non sensacionalista e a farándula; domina o chairego a nivel nativo e as malas línguas din que toca o tamboril.

Sociólogo, xornalista e ensaísta en lingua galega, tamén escribe ficción. Ten publicado o relato breve 8 horas, a novela Magyar Posta (2007), Premio de Narrativa do Concello de Vilalba 2003, o ensaio Conversas arredor de Xorima (2020) e a escolma de artigos Baixo a Pradia (2023). Traballou nos xornais A Voz de Vilalba, avozdevilalba.com e A NosaTerra e nas revistas Peirao e Albaroque.

                               ENTRADA GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad