O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza o acto de presentación do libro, editado por GALAXIA “UNHA NOVA OLANDA. De Ferrol ao Porto: As cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global”, do que é autor ANTÓN BAAMONDE.
O acto terá lugar o venres, 28 de outubro de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA.
UNHA NOVA OLANDA, de Antón Baamonde
Un riguroso ensaio de xeografía humana, que polo seu interese xeral, terá axiña versión internacional, posto que trata un feito que o nacionalismo galego tradicionalmente desconsidera. Galicia é policéntrica: está integrada por cidades cada unha cunha identidade. Mas non só: no seu espazo natural, formado por 6,5 millóns de habitan-tes, unha vez que a UE disolveu as fronteiras políticas, imponse a xeografía, a física e a humana: unha unidade de mercado con continuidades culturais e sociais. (…) (https://www.igadi.gal/web/analiseopinion/unha-nova-olanda (parte da recensión de Xosé Carlos Morell)