
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración do Concello de Vilalba, organiza o xoves 8 de febreiro de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a PRESENTACIÓN DOS LIBROS “A QUADRATURA DO CÍRCULO. Histórias de Lugo que podían ter acontecido noutro lugar qualquer”, e “GOTAS. Desde a terra até ás nuvens”, de ADELA FIGUEROA PANISSE, que estará acompañada na presentación por: MARISA BARREIRO, PILAR MASEDA E Mª XOSÉ LAMAS.
A QUADRATURA DO CÍRCULO
Esta colección de relatos fai referencia a diferentes historias que teñen a Lugo como marco ambiental. Son tres relatos independentes, pero tratan temas relacionados con esta cidade en diferentes momentos. Lugo, unha lugar tranquilo, pacífico e amigable onde a vida se desenvolve sen presas, sen inquietudes e con sorrisos de amizade. Pero, como moitos outros lugares, mantén as súas turbulencias. Estas tres historias falan desas turbulencias coas que se intenta cadrar o círculo máxico que insinúa a súa enteira muralla, sen conseguilo.
GOTAS
“Gotas, gotas de água limpa,
Desde o céu até ao mar.
Sobre a Terra a brincar
Para nos rios borbulhar.
Rola, rola, rola, rolando,
Umas às outras nos vamos juntando,
Grandes poças vamos formar.”
Así é como as gotas de auga xiran a roda, o que permite a vida na Terra tal e como a coñecemos. Do mar ao aire e de aí ás nubes, que saben devolvelas á Terra para darlle vida. Queremos protexer a vida e informarvos como funciona o ciclo hidrolóxico. Coida o noso planeta. É a nosa única casa.
Adela Figueroa Panisse, naceu en Lugo, e viviu en Pontevedra, onde desenvolveu a maior parte do seu labor profesional. É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e foi catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti de Lugo desde 1996 ata a súa xubilación. Antes estivo no IES A Xunqueira, IES Valle Inclán e IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Desde o ano 1990 é Mestrado en Educación Ambiental, pola UNED e a Universidade Empresa. Colaborou coa Misión Biolóxica de Galicia e o Centro Forestal de Lourizán, tamén coa Universidade do Minho como bolseira, no departamento do Instituto da Educação, e no de Quimica Pura e Aplicada.
Participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, da que foi directora. Foi membro da ISSOL (Asociación internacional para a investigación da orixe da vida). Ten traballado para UNICEF no departamento de Educación para o Desenvolvemento. Así mesmo ten colaborado en diferentes revistas como Cerna, ENCIGA, Agália ou Portal Galego da Línguae en xornais como El Progreso, La Voz de Galicia, Xornal.com, Vieiros, A Nosa Terra, Praza Pública, Sermos Galiza e Nós Diario.
É autora de poesía feminista, de compromiso ambiental e social, de amor e erótica. Tamén escribiu obra en prosa, literatura infantil e xuvenil, contos de mulleres, contos populares, de humor; tamén de terror e misterio.
Algunhas das súas obras:
Poesía: Vento de amor ao mar (2003); Xanela aberta (2009); Memória de pés sem sombra (2017); Matria. Poesía para a Terra (2022). Narrativa: Madeira de mulher (2011); Atlantidae: Mulher D’Água (2017); As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida (2021); A quadratura do círculo. Histórias de Lugo que podiam ter acontecido noutro lugar qualquer (2023). Ensaio: Loita contra o lume, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil: O Rei da Floresta (2011); O mistério da escada interior (2012); Cloe a Amiguinha das Flores; Conto Cantado. (2017); Gotas-desde a Terra até ás nuvens
Premios
Premio de teatro Infantil “O Facho” 2018 coa obra Pingas (o ciclo da auga para rapaces)
Prémio de Poesia 2019 Rosa de Cem Folhas. Santiago.
Prémio de Poesia Letras Galegas 2020, El Progreso de Lugoas e concelleiro de Oleiros entre 1995 e 2003.
A entrada será libre ata completar aforo.