PROGRAMACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA PARA O MES DE FEBREIRO, O MES DE ROSALÍA DE CASTRO: EXPOSICIÓN, ACTIVIDADE NOS COLES, PALESTRA, OFRENDA E LECTURA ABERTA, CONCERTO…

O Instituto de Estudos Chairegos ten prevista a realización das seguintes actividades durante o mes de febreiro, o mes onde homenageamos a Rosalía de Castro:

VENRES · 6 DE FEBREIRO

Dende o 6/02 ao 27/02

Exposición

ROSALÍA. Proclamar ao mundo que Galiza existe

Textos: Francisco Rodríguez

Debuxos: Pepe Carreiro

Sala Auditorio Vilalba

VENRES · 20 DE FEBREIRO

20:00 h

Palestra sobre

ROSALÍA. Proclamar ao mundo que Galiza existe

por FRANCISCO RODRÍGUEZ

(autor dos textos da exposición)

Sala Auditorio Vilalba

LUNS · 23 DE FEBREIRO

12:30 h

Ofrenda e lectura aberta en homenaxe a

ROSALÍA DE CASTRO

No Parque Rosalía de Castro

(Homenaxe do IESCHA no Día de Rosalía)

SÁBADO · 28 DE FEBREIRO

20:30 h

Concerto EN FEMININO

Cancións con nome de muller

Por CARLOS GÓMEZ OSA

Co acompañamento de:

• Lois Cuba

• Rosana Domínguez

• Minicoro de ESMUVI, dirixido por Baruk Domínguez

Auditorio Municipal de Vilalba

A PARTIR DO 5 DE FEBREIRO:

SEMENTANDO A MEMORIA DE ROSALÍA NOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DE VILALBA

Co fin de lembrar a importancia de Rosalía de Castro, o IESCHA encargou ao Centro Ocupacional o deseño dunha árbore de madeira serigrafiada en homenaxe á autora que será entregada aos centros educativos de Vilalba para decorala con mensaxes, debuxos, elementos creativos, etc.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad