
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) presenta a programación para este mes de marzo de 2026:
A actividade comeza o domingo 8 de marzo coa celebración do 8M, DÍA DA MULLER coa difusión do pasquín “8Muller. A loita continúa” nas redes e web da entidade, e co apio do Iescha a todos os actos programados con tal motivo.
O venres 20 terá lugar a palestra de AURORA MARCO: “Mestras represaliadas. María Vázquez Suárez”, nun acto que se celebrará ás 20:00 horas na Sala Auditorio de Vilalba.
O venres 27 desenvolverase a Asemblea Xeral Ordinaria do IESCHA’26, tamén na Sala Auditorio, que será convocada a través da web da entidade, das redes, dos medios e do correo electrónico.
Finalmente, o sábado 28, a música poñerá o peche á programación co concerto “NA CASA DELAS”, do grupo SON DE CORDA, no Auditorio Municipal de Vilalba.
