PROXECCIÓN DE “O CORNO”, DE JAIONE CAMBORDA, GAÑADORA DA CONCHA DE OURO NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2023.- VENRES 20-10-2023, 20:30 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

 O venres 20 de outubro de 2023, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine galego coa longametraxe O CORNO, da directora JAIONE CAMBORDA. Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva de entradas online na páxina do Concello https://entradasvilalba.es e, ademais, de xeito excepcional, aboar a cantidade de 3,00 € (cantidade que vai destinada á distribuidora do film). Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio


SINOPSE: 

Illa de Arousa, 1971. María é mariscadora pero tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos con especial adicación e coidado. Despois dun inesperado suceso, María vése obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que lle fará loitar pola súa supervivencia. Na procura da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.

FICHA TÉCNICA

DIRECCIÓN: Jaione Camborda

REPARTO: Janet Novás, Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchaán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás e Diego Anido  

Duración: 103’   Idioma: Galego e portugués   País: España   Ano: 2023   Drama

RECOMENDADA PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO

Película non recomendada para menores de 12 anos

RECOÑECEMENTOS:

Festival de Cine de San Sebastián 2023: Concha de Ouro á Mellor Película

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad