PROXECCIÓN DE “SICA” DE CARLA SUBIRANA. PROMOVIDA POR @VICEDELUGO-CICLO #CINENARUA. XOVES 24 AGOSTO-PARQUE ROSALÍA DE CASTRO-VILALBA, ÁS 22:00 H.

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), participa no CICLO DE CINE NA RÚA convocado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa proxección ao aire libre da película SICA de Carla Subirana, que terá lugar no PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA o xoves 24 de agosto, ás 22:00 horas, con entrada libre ata completar aforo.

SICA

Sinopse:

Sica (14) está obsesionada con que o mar devolva o corpo de seu pai tras un naufraxio na Costa da Morte, Galicia. Mentres percorre os cantís coñece a Suso (15), ‘o Cazatormentas’, un mozo raro coma ela que agarda a chegada de Ofelia, a nai de todas as tormentas. Sica investiga as circunstancias do acci-dente e adéntrase nunha dolorosa viaxe de descubrimento.

Aos seus ollos, a vila mariñeira onde ela medrou, marcada pola brutalidade do seu océano e o crecente desequilibrio da Natureza, xamais volverá a ser o mesmo.

FICHA TÉCNICA
Dirección: Carla Subirana Reparto: Thais García, Nuria Prims, Marco Antonio Florido, María Villaverde, Lois Soaxe País: EspañaAno: 2023 Xénero: Drama Guion: Carla Subirana Duración: 91 min. Idade: 7+

RECOÑECEMENTOS:

Festival de Málaga: Sección Oficial de Longametraxes a Concurso

Festival Internacional de Cine de Berlín (Berlinale): Sección Generation

Festival Internacional de Cinema de Barcelona (BCN Film Fest): Película de Clausura

“(…) Sica supón o debut na ficción da directora barcelonesa Carla Subirana (NadarKanimamboVolar) e rodouse integramente na Costa da Morte e en galego, en convivencia coa lingua catalá. O filme, protagonizado polos actores debutantes, adolescentes da zona, Thais García Blanco, Marco Antonio Florido e María Villaverde, xunto a actriz catalá Núria Prims, conta a busca que leva a cabo unha rapaza de 14 anos, obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio. 

O filme rodouse na Costa da Morte, onde, segundo conta Subirana, “as correntes mariñas son mortais. Hai documentados máis de 600 naufraxios nesta zona, o que a convirte nunha das costas máis perigosas do mundo. A furia do mar fai dela unha sepultura xigante e, segundo contan as lendas, as almas dos mariñeiros poden oírse polas fendas da terra. Sica busca obsesivamente a voz do seu pai nun gran buraco ao pé do mar, a Furna das Grallas”.

En palabras da directora: “A Natureza é outra protagonista en Sica. O vento, o mar, as ondas… manifestan o seu propio estado de ánimo, co temperamento único que ten o océano nesta costa. As personaxes amósanse pequenas e temerosas ante a chegada do furacán Ofelia. Como di Suso o Cazatormentas, Ofelia é a nai de todas as tormentas, pero só nos está avisando: despois dela virán máis, e distintas ás de antes. Sica é un berro de auxilio ante a crise climática.” (NÒS DIARIO, 12-05-23)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad