O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno á película “TRES”, dirixida por Juanjo Giménez, e que resultou ser a longametraxe gañadora desta edición.
A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 19 de novembro de 2022, ás 20:00 horas.
SINOPSE:
C. (39) é deseñadora de son. Goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos sala, wild-tracks, editando, mesturando. O estudo é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa exparella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo. Aínda que ela non o sabe, C. esta comezando a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comezou a procesar o son máis tarde que as imaxes.
PALMARÉS XX PREMIOS MESTRE MATEO
● Mellor longametraxe ● Mellor interpretación feminina protagonista ● Mellor son
FICHA TÉCNICA:
● Duración: 104’
● Produtora: Tres La Película Frida Nadir AIE, Frida
Films, M-Films e Manny Films
● Dirección: Juanjo Giménez
● Dirección de arte: Antonio Pereira
● Dirección de fotografía: Javier Arrontes
● Dirección de produción: Miriam Devesa
● Guión: Juanjo Giménez, Pere Altimira
● Reparto: Marta Nieto, Miki Esparbé, Francisco Reyes, Luisa Merelas, Cristina Iglesias, Fran Lareu, Julius Cotter, Carmen Méndez
● Maquillaxe: Susana Veira
● Perruquería: Beatriz Antelo
● Montaxe: Cristóbal Fernández
● Música orixinal: Domas Strupinskas
● Son: Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marc Bech, Marc Orts
● Vestiario: Aránzazu Domínguez
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO BEN DIRECTAMENTE NO AUDITORIO O MESMO DÍA DA PROXECCIÓN