O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental O GRAN CAMIÑO, de Alba Prol Cid e Raúl García, dando inicio así ao CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2022 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XX PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta primeira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 26 de marzo de 2022, ás 20:00 horas
SINOPSE:
Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, dous cineastas que deciden cargar as cámaras nas súas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo. O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta do Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha excusa para unha viaxe máis profunda ao encontro da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflictos sociais, a espiritualidade, o cuidado do noso planeta, a conexión coa Pachamama, ou o regreso a un mesmo.
FICHA TÉCNICA:
Produtora: Meteórica
Guión: Alba Prol Cid, Raúl García
Dirección: Alba Prol Cid, Raúl García
Fotografía: Alba Prol Cid, Raúl García Produción: Alba Prol Cid, Raúl García
Imaxe aérea: DGalia Drone, Nishinnihon Drone, Lucas Mansur, Meteórica Cine
Cámara 2a unidade: Theresa P. Lousame Ilustración e deseño gráfico: Iria Prol Ilustration
Grafismo: Brumotion
Edición: Alba Prol Cid, Raúl García Posprodución: Meteórica Cine, Aracne Digital Cinema
Estudio de son: Cinemar Films