O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental A FOREIGN SONG, de César Souto Vilanova, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta sexta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 5 DE NOVEMBRO DE 2023, ás 20:00H.
SINOPSE
Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días erguíase ás 6 e acostábase ás 9. Nos seus días tranquilos non hai peripecias reseñables, nin grandes dramas. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Cando se lle pediu unha reseña biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens negouse a escribila. Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro. Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios de Estados Unidos. Na cidade dos cartos, onte e hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.
FICHA TÉCNICA:
Director: César Souto Vilanova
Produtor: Daniel Froiz
Produción executiva: Vanesa Viñuela
Dirección de fotografía: Alberte Branco AEC
Dirección de produción: Nati Juncal
Dirección de arte: Carmen Triñanes
Montaxe: Marcos Flórez, Cristina Liz
Composición musical: Xoan Xil
Deseño de son: Emilio García
Secretaría de produción: Vanesa Viñuela
Deseño gráfico: Andrés Froiz
Xefatura de produción: SergioSotelo
Coordinación de produción: Vanesa Viñuela
Auxiliar de produción: Salomé Trujillo
Foquista: Deirdre Canle, Artur Rodríguez
Atrecista de rodaxe: Daniela Rodas, Xacobo Castro
Atrecista de avance: Guillermo Castro
Son directo: Sebastian Neville Carlos Fonseca
Eléctrico: Víctor Mañana (Trípede)
Etalonaxe: Pablo Cayuela
Deseño gráfico: X. Carlos Hidalgo
VFX: Cormorán VFX – Pablo Lamosa
Duración: 1h 22min
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
Finalista: Mellor documental
Finalista: Mellor dirección de fotografía
Finalista: Mellor dirección de produción
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA
BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO