PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “DEP: DESTRUÍR É O PLAN”, DE “SOS SANIDADE PÚBLICA”. COLOQUIO CON MANUEL MARTÍN. SÁBADO 8/06/24, 20:00 H., AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS organiza o sábado 8 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección do documental “DEP: DESTRUÍR É O PLAN”, impulsado pola plataforma SOS Sanidade Pública, e quepretende descubrir “de maneira áxil e entretida os motivos polos que a mortalidade evitable, non explicable pola epidemioloxía, segue crecendo en Galicia”. 

O video conta coa colaboración de expertos e profesionais sanitarios así como entrevistas con testemuñas que están a sufrir as consecuencias do colapso do noso sistema sanitario.

Ao final da proxección terá lugar un coloquio no que participará MANUEL MARTÍN, voceiro de SOS Sanidade Pública.

Entrada libre ata completar aforo. Podes reservar con antelación en https://entradasvilalba.es.

_________________________

SOS SANIDADE é unha plataforma de profesionais do sector sanitario, que apoiados por todo tipo de entidades e colectivos, traballan sen ánimo de lucro para resolver os problemas do Sistema Público de Saúde xerados pola irresponsable xestión destructiva da Xunta de Galicia, que desde fai anos reduce o gasto da sanidade sen ningunha xustificación mentres aumenta o gasto noutras consellerías moito menos prioritarias para o interese xeral da poboación. Como cosecuencia estanse eliminando facultativos e servicios, estanse a pechar centros de atención primaria e alonganse as ocultas listas de espera nos hospitáis mentres se subcontrata, priovatiza ou deriva o servizo á sanidade privada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad