
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresiencia da Deputacion de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe documental SALVAXE, SALVAXE, dirixida por EMILIO FONSECA, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta SÉTIMA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 4 de outubro de 2025, ás 20:00 horas.
Sinopse
«Cheiras iso?» A cámara adéntrase nos montes da Galiza e o norte de Portugal entre murmurios. Para tecer os sinais que deixa a vida salvaxe hai que agudizar os sentidos.
Salvaxe, salvaxe rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico. Atravesa unha historia relacional cargada de mitoloxía popular, sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes-simulacro do natural salvaxe. Este ensaio fílmico é un anti-documental de natureza: nel aparecen lobos que devolven a mirada a cámara aterrorizados e humanos que saben ouvear. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Emilio Fonseca
Guión: Emilio Fonseca, Xiana do Teixeiro
Produción executiva: Xiana do Teixeiro
Dirección de produción: Sabela Mendoza
Delegado de produción: Jaime Muguruza
Xefa de produción: Uxía Buciños
Dirección de fotografía: Emilio Fonseca
Dirección de arte: Laura Ginés
Animación: Laura Ginés, Pepon Meneses
Supervisión FX: Laura R. Iturralde
Música orixinal: Ángel Faraldo
Deseño de son: Xoán-Xil López
Mestura de son: David Machado, La Panificadora Estudios
Montaxe: Emilio Fonseca
Etalonaxe: Pablo Cayuela, Laboratorio Numax
Duración: 86 min.
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
Mellor documental
https://estudoschairegos.gal – https://www.vilalba.gal – https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal – https://cultura.deputacionlugo.gal https://ciclomestremateo.gal
A entrada será de balde apero haberá que facer reserva de localidade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba

