QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA. EXPOSICIÓN “AS AVES DE GALICIA”, DIEGO MONTENEGRO RIVAS. DENDE O 19/02 AO 12/03/2024. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza a EXPOSICIÓN “AS AVES DE GALICIA” de DIEGO MONTENEGRO RIVAS.

Estará aberta ao público na Sala de Exposicións do AUDITORIO MUNICIPAL DE VILABA dende o 19 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024.

 DIEGO MONTENEGRO RIVAS gran afeccionado e estudoso das aves, expón, no corredor do Edificio A do centro, esta escolma de fermosas fotografías de aves de Galicia que podemos atopar na nosa contorna. Nela atoparedes fantásticas instantáneas de paxaros próximos a nós, rulas, bubelas, mouchos, patos e cegoñas entre outros.

A mostra poderase visistar no Auditorio Municipal de Vilalba dende o 19 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024. Non perdades a oportunidade de vela, merece moito a pena.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad