O Instituto de Estudos Chairegos contempla, na súa programación dos meses de febreiro e marzo do presente ano, unha serie de actos que baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, pretende seguir destacando a figura da nosa gran poetisa. Estas actividades están encamiñadas a resaltar o seu legado literario e a súa contribución á cultura galega. A través de conferencias, documentais, exposicións e outros actos buscamos manter viva a súa memoria e difundir a súa obra o máximo posible.
Entre outros actos que poideran engadirse durante o mes de febreiro, están programodos os seguintes:
16-02-2024 CASA DA CULTURA DE VILALBA 20:00
CONFERENCIA DE PILAR GARCÍA NEGRO
Rosalía de Castro, de onte a hoxe
23-02-2024 AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
DOCUMENTAL DE DAVID VÁZQUEZ
A rosa incandescente
Coa participación dos grupos:
CORREDORES DE SOMBRA
LAMBE LAMBE
23-02-2024 NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA
Ofrenda floral
zDo 19-02-2024 ao 12-03-2024 no Auditorio Municipal
Exposición AVES DE GALICIA
de DIEGO MONTENEGRO
Do 16-03-2024 ao 01-04-2024 no Auditorio Municipal
Exposición O HERBARIO DE ROSALÍA