
Na noite do pasado sábado 20 de setembro, o Auditorio Municipal de Vilalba acolleu a representación da obra Profetas, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos. A posta en escena correu a cargo do grupo lucense Ítaca Teatro e contou co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a coprodución do Centro Dramático Galego da Xunta de Galicia, e coa colaboración do Concello de Vilalba, a Mostra de Ribadavia, o Concello de Lugo e a Deputación da Coruña.
A historia fala dunha parella que xa non está xunta, pero que volve atoparse e, a través do cine e da literatura, repasan o que foron e o que lles quedou por decir, xogando entre realidade e ficción.
Cómpre salientar o gran traballo de Carlos Rebolo e Elea López: enerxía, complicidades, discordias, movementos, miradas, xestos e silencios. O xogo coa luz, a interacción co audiovisual e os sons deron forza ás sucesivas escenas, cheas de vida, de relacións, de reivindicacións, de compromiso político: Mosul, Nixeria… e Gaza, no corazón. Porque “a arte non pode existir se non existe primeiro a vida”.
E como colofón soou “O sonido do silencio” de Simon e Garfunkel, que máis se pode pedir!
Moitas grazas dende o Iescha a Carlos e Elea, e a todo o grupo que conforma Ítaca Teatro polo seu magnífico traballo; a todas as entidades, patrocinadoras e colaboradoras, que fixeron posible o acto; ao persoal técnico do Auditorio, e ao público asistente.
Ata a próxima!!!
GALERÍA DE FOTOS




































VIDEO RESUME >>>>https://www.facebook.com/watch?v=1173878528124074
