REPRESENTACIÓN TEATRAL DA OBRA “BADMAN. UN HOME MALO” A CARGO DA COMPAÑÍA SOLITARIA DO DR. MONIFATE – NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA – 4/11/2022 – 20:30 H.

O Instituto de Estudos Chairegos organiza para o venres 4 de novembro de 2022, ás 20:30 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA, e dentro do Circuito de teatro profesional da provincia de Lugo-Ciclo cultural Monicreques, promovido pola Área de Cultura da Deputación, a obra de teatro BADMAN, UN HOME MALO, de Gustavo Fouce, a cargo de A COMPAÑÍA SOLITARIA DO DR. MONIFATE. (Público maior de 16 anos.)

SINOPSE 

Un home acepta e confesa a súa maldade despois de anos tentando converterse nunha boa persoa. Aínda que xa hai tempo que se descartou a frenoloxía como ciencia seguimos empregando os seus patróns de xeito inconsciente. Nacemos xa con tendencias cara certos comportamentos? Somos malas persoas disimulando para poder convivir? Somos bos e alguén nos perverte? Podemos prescindir totalmente da maldade? Unha peza sobre unha alfombra con aproximacións á comedia e ao monólogo (cómico?) dende unha perspectiva filosófica. Cancións e música para suavizar o mal, ou para darlle énfase. Un diálogo co público no que, contrariamente ós pezas que “dialogan co público” permítese que o público responda e fale. Unha perspectiva que cuestiona da bondade de todo o ben que facemos.

Autoría: Gustavo Fouce.
Dirección: Gustavo Fouce.
Actor e músico: Gustavo Fouce.
Duración: 50 min.

A ENTRADA É GRATUÍTA. PÓDESE FACER RESERVA EN https://entradasvilalba.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad