
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), co patrocinio e financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia d Deputación de Lugo, e coa colaboración do Concello de Vilalba, e dentro dos actos programados co gallo do 2025-ANO CASTELAO, organiza a representación teatral, “COUSAS” de Castelao, a cargo do grupo OS QUINQUILLÁNS.
O acto terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 4 de xullo de 2025, ás 20:00 horas.

Os Quinquillans celebramos o Ano Castelao cunha divertida versión de Cousas na que están presentes os grandes temas do orixinal; ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social…
O retranqueiro burro dun dos contos, transunto do propio Castelao, enlaza as escenas entre as que se encontran “O pai de Migueliño”, “A Marquesiña”, “O escuro caletre de Martiño” ou “Aínda eu non nascera”.
A montaxe transita entre a traxedia, a comedia e a farsa co obxectivo de respectar a lingua, a época e o ambiente do Rianxo natal dun autor cheo de sensibilidade persoal, artística e social.
Orjais, responsable do Fondo Local de Música de Rianxo, incorpora un tema de Aida Saco e pezas vinculadas a Castelao coma o “Alalá do mozo”, interpretado na estrea en Bos Aires de Os vellos non deben de namorarse ou unha Muiñeira cantada por Castelao a Jesús Bal y Gay e recollida no seu cancioneiro.
AUTOR ORIXINAL Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
ADAPTACIÓN DO TEXTO Lucho Penabade e Tero Rodríguez
ELENCO Lucho Penabade e Tero Rodríguez
ESCENOGRAFÍA, ATREZZO E ILUMINACIÓN Pepe Penabade e Xosé Vizoso
VESTIARIO Olga Vieites ESPAZO SONORO Orjais
PRODUCIÓN E DIRECCIÓN Lucho Penabade e Tero Rodríguez
DURACIÓN 1h. PÚBLICO AO QUE VAI DIRIXIDO Mocidade e adultos.
BREVE HISTORIAL DE “OS QUINQUILLÁNS”
Os Quinquilláns é unha compañía con máis de 30 anos de actividade teatral profesional ininterrompida creando espectáculos e eventos de sala e de rúa para todo tipo de público. Desde o ano 2013 a compañía especializouse en espectáculos teatrais de carácter histórico representados en lugares emblemáticos; castelos (Vimianzo, Moeche, Monterrei, Sobroso, Altamira), pazos (Pazo de Oca, Torres do Allo) castros (A Guarda, Borneiro), parques arqueolóxicos (Paar de Campo Lameiro, Dolmen de Dombate), montes (Montouto en Teo, Pico Sacro en Boqueixón), igrexas (S. Xiao de Moraime, Bastavales, O Cereixo), fundacións adicadas a escritores (Rosalía de Castro, Eduardo Pondal), vilas cun casco urbano antigo (Ribadeo Indiano, Ribadeo Ilustrado,Rianxo Literario, A Guarda, Padrón, Santiago, Porriño, Muros…), festividades de tipo histórico con montaxes ad hoc (Feira Franca Pontevedra, Betanzos,Corcubión..) e mesmo celebracións de animación popular, sendo Os Quinquilláns a compañía que organiza a posta en escena e participación cidadá de todas as edicións do exitoso Banquete de Conxo en Compostela 2018-2025.
A compañía adaptou numerosas obras clásicas da literatura galega como Cousas de Castelao, Espantallo amigo de X.Neira Vilas, Made in Galiza de Séchu Sende. Tamén articipou como elenco n’Os vellos non deben de namorarse de Fantoches Baj.
Moitos dos espectáculos teñen relación directa coa historia de Galiza entre eles Irmandiños 1998, A diáspora 2005, Arrieiros 2008, A batalla de Altamira 2022 entre outras ontaxes ad hoc para eventos específicos.
ENTRADA DE BALDE – HABERÁ QUE FACER RESERVAS EN:
https://entradasvilalba.es ou nas oficinas da CASA DA CULTURA DE VILALBA

