REPRESENTACIÓN TEATRAL: “QUEN OCUPA ESTA CADEIRA?”, POLO GRUPO “OS PALIMOQUIÑOS”. SÁBADO 29/11/25. ARREDORES DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a representación teatral QUEN OCUPA ESTA CADEIRA?, a cargo do grupo OS PALIMOQUIÑOS (ESCOLA PALIMOCO TEATRO), dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado, convocado e financiado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O evento terá lugar o vindeiro sábado 29 de novembro, ás 12:00 horas, nos arredores da Casa da Cultura de Vilalba. No caso de climatoloxía adversa, a función levaríase a cabo no interior da Casa da Cultura.

QUEN OCUPA ESTA CADEIRA?– É unha peza participativa de Palimoco que invita ao público a desfrutar de fragmentos de obras clásicas e contemporáneas nun formato dinámico e íntimo. A compañía leva tempo presentando esta obra en diversos espazos culturais de Lugo, onde se converteu nunha experiencia de teatro en directo para todos os públicos.

Variedades. Público Familiar. 90 min. Autoría: Paloma Lugilde. Dirección: Paloma Lugilde. Elenco: 20 – 30 actores e actrices. 

OS PALIMOQUIÑOS (PALIMOCO TEATRO DANZA)– Palimoco naceu como grupo de teatro afeccionado en novembro de 1998. Unha década máis tarde deu o paso cara á profesionalidade con Palimoco Teatro S.L. No 2011, dentro da vertente afeccionada de Palimoco apareceron Os Palimoquiños, un grupo de rapazas e rapaces desde os 13 aos 22 anos cun interese común pola formación teatral e as artes escénicas. Todos os sábados reúnense na Escola Palimoco Teatro onde reciben formación actoral continua da man de Paloma Lugilde. As súas inquedanzas pasan por mergullarse nun teatro social, de investigación e inclusivo. A formación e a creación son constantes no día a día deste grupo, atopándose os seus membros nun constante proceso de trasformación e aprendizaxe. Isto serviulles para ser premiados en varios certames e concursos nacionais de teatro xuvenil. Ademais colaboran habitualmente con outras entidades como Down Lugo ou Amnistía Internacional. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad