![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0375-1-1024x768.jpg)
O acto que na noite deste martes 12 de marzo organizou o Iescha non só buscaba analizar e comprender a situación de agravio e inxustiza na que se atopa o pobo Palestino, senón reafirmar unha vez máis o compromiso do IESCHA coa defensa dos seus dereitos e a búsqueda dunha solución xusta e duradeira para o conflito nesa rexión, tal e como ven reivindicando acto tras acto, dende que comezou o mesmo Marisa Barreiro, residenta do IESCHA
E foi Marisa Barreiro a que tomo a palabra en primero lugar para facer a presentación de Iván Pérez, compoñente de Pallasos en Rebeldía, relatando con emotividade diversas anécdotas e circunstancias que o conduciron polo fantástico camiño da palabra, do humor e do sorriso, agradecéndolle a súa presenza neste significativo acto complementario e enmarcado tamén na exposición “Voces palestinas que contan”, da Biblioteca Aguistín Fernández Paz do IES Basanta Silva.
Pola súa parte, Iván Prado quixo empezar expresando o seu profundo agradecemento tanto a Marisa Barreiro como ao IESCHA por telo convidado a compartir a súa experiencia, extendendo a súa gratitude ao público presente.
A continuación, detallou como se xestou o mecanismo de creación de Pallasos en Rebeldía. Relatou como descubriu en Chiapas, xunto aos nativos da comunidade indíxena, o beneficioso que resultaba celebrar festas da cultura para respaldar causas xustas. Ilustrou, con abundantes e conmovedoras anécdotas, a súas intervencións en Palestina durante a segunda intifada, cautivando ao público asistente. Resistir a través da alegría e do humor demostrou ser unha táctica poderosa, pois como afirmou: “A risa é a menciña contra o medo”.
Tamén narrou como organizaron eventos en Galicia a través de Pallasos en Rebeldía, un proxecto que xurdiu en medio da crueldade e da violencia, co propósito de servir de ponte e amplificar a voz de aquelas persoas que encaran a adversidade día a día e con valentía.
“O pallaso fai que a xente humilde, a de abiaxo, poida enfrontarse aos de arriba, aos máis poderosos”, unha das moitas frases de Iván Prado e que ben podería resumir a súa emotiva e cautivadora charla.
Dende o Iescha queremos reiterarlle o noso mais sincero agradecemento pola súa habilidade para transmitirnos de maneira tan xovial unha situación tan inxusta, violenta, opresiva e inaceptable, permitíndonos entendela moito mellor.
Moitas grazas tamén ao público asistente.
Ata a próxima!!!
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/WhatsApp-Image-2024-03-12-at-20.11.01-1024x768.jpeg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/431137605_7706360466040596_8737664158515577442_n-683x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/431492478_7706360032707306_2269573929379726620_n-683x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/431263734_7706360076040635_4277736045530753417_n-1024x615.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/431207044_7706360082707301_7755998388320808041_n-683x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/431475869_7706359966040646_2573347451542274106_n-724x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0380-1024x768.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0379-1024x768.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0378-768x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0377-768x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0376-768x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0375-1-1024x768.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0374-1024x768.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0372-768x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0371-768x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0370-768x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0369-768x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0368-576x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0367-576x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0366-1024x576.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0365-576x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0364-576x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0362-576x1024.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0361-1024x576.jpg)
![](https://estudoschairegos.gal/wp-content/uploads/2024/03/IMG_0360-1024x576.jpg)
VIDEO RESUME DO ACTO: https://www.facebook.com/watch?v=1128619375220232