RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA EXPOSICION DE PINTURA DE CARMEN GÓMEZ MATO E MANOLO SANTALLA NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA (VIDEO-RESUME)

Este venres, 25 de agosto, nas vísperas do comezo das festas de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello, levou a cabo, na Sala do Auditorio Municipal, o acto de inauguración da EXPOSICIÓN DE PINTURA DE CARMEN GÓMEZ MATO E MANOLO SANTALLA que se poderá contemplar ata o 30 de setembro, no horario de apertura do Auditorio. 

A mostra está formada por un total de 69 cadros: 35 de Carmen Gómez Mato, estampas tradicionais, paisaxes mariñas, trens de vapor e retratos, e 34 de Manolo Santalla, con paisaxes, estancias, mariñas e bodegóns. Todo o conxunto conforma unha fermosa e colorista exposición con dous estilos de pintar diferentes pero complementarios: tanto Carmen coma Manolo comparten, sen dúbida, a capacidade de realizar as súas obras con pinceladas de cor… e de cariño, así como a satisfacción de utilizar parte do seu tempo pintando sen outra pretensión que disfrutar da pintura. 

Os parabéns e o agradecemento do IESCHA para Carmen e Manolo polo seu magnífico traballo e por presentarnos unha exposición tan emotiva, colorista e expresiva. Animámolos a seguir descubrindo novos camiños e experiencias no mundo da pintura e que nos brinden máis oportunidades de poder disfrutar dos seus cadros en futuras exposicións.

Moitas grazas tamén ao público que en bo número acudiu a esta inauguración valorando moi positivamente os traballos expostos por Carmen e Manolo. 

Agradecemos así mesmo ao Concello a súa colaboración, e a Rocío a súa dispoñibilidade e sempre valiosa axuda. 

Ata a próxima!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad