
Un dos principais fins do Instituto de Estudos Chairegos é a defensa do patrimonio natural, material e inmaterial. É por iso, que, tal e como se encargou de explicar MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, pareceu moi interesante e acaído incluír na programación o acto que tivo lugar na noite deste xoves 9 de maio de 2024, na Casa da Cultura de Vilalba: a palestra informativa “Os impactos de Altri”, tendo en conta, ademais, o gran número de colectivos, institucións, agrupacións, etc. que teñen manifestado o seu rexeitamento categórico a este proxecto.
Así que, Ana Fernández Santamarina, doutora en Hidroloxía e Xestión de Recursos Hídricos, membro de ADEGA; COSME DAMIÁN ROMAY, biólogo e membro do Grupo Naturalista Habitat, e MARCIAL BARRAL VASQUES, veciño afectado e membro da Fundación Eira da Xoana, non dubidaron en explicarnos minuciosamente as consecuencias negativas que tería o proxecto, analizadas dende moi diversos puntos de vista e partindo do propio proxecto presentado pola empresa.
Tamén foi moi interesante o debate final, con ampla participación do público asistente.
Parabéns do Iescha aos participantes da mesa e ao público asistente.
Ata a próxima
















































VIDEO RESUME>>>>>>> https://www.facebook.com/watch?v=986434986446489