
Unha xornada de reflexión e aprendizaxe sobre as violencias machistas
Onte, sábado 15 de marzo, a Casa da Cultura acolleu unha presentación de grande interese social e formativo a cargo de Carme Adán, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega, nunha intervención de marcado carácter didáctico, ofrecéndonos unha profunda e excelente análise sobre a situación actual da violencia de xénero, facendo especial fincapé na realidade da adolescencia e nas súas dinámicas de comportamento.
O acto enmarcábase na presentación do “Manual básico para afrontar as violencias machistas”, elaborado polo CDIF, e Carme Adán artellouno en tres bloques fundamentais:
1. A definición e detección das distintas formas de violencia machista.
2. As pautas de actuación para as vítimas de violencia de xénero ou agresións sexuais.
3. Os recursos e apoios dispoñibles para quen precise axuda.
Ademais, a sesión concluíu cun breve pero enriquecedor coloquio, no que o público puido compartir reflexións e resolver dúbidas sobre a temática abordada. Como complemento, cada asistente recibiu un exemplar do manual, garantindo así a continuidade da aprendizaxe máis aló do encontro.
En definitiva, unha iniciativa valiosa que contribúe a visibilizar e combater as violencias machistas desde a información, a reflexión e o compromiso colectivo.
Dende o Iescha temos que salientar o magnífico traballo de Carme Adán, e agradecémoslle a súa presencia no acto. Agradecimento que facemos extensible ao Consello da Cultura Galega e ao Concello de Vilalba.
Moitas grazas tamén ao público pola súa asistencia e participación.
Ata a próxima!!!



































VIDEO RESUME>>>>>>> https://www.facebook.com/watch/?v=2396496554040244