
O Iescha participa no Día Mundial do Cinema Palestino coa proxección de With Hasan in Gaza
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) sumouse, este pasado luns 2 de novembro, á celebración dos “Días de Cinema Palestino arredor do Mundo” (Palestine Cinema Days Around the World), cunha proxección na Casa da Cultura de Vilalba do documental “With Hasan in Gaza”, do cineasta palestino Kamal Aljafari. A actividade, promovida a partir dunha proposta de Martin Pawley, insírese nunha iniciativa internacional que reivindica o cinema como ferramenta de memoria e resistencia cultural.
A película recupera tres cintas MiniDV filmadas en Gaza en 2001 e propón unha viaxe pola vida cotiá palestina, a través de rúas, mercados, praias e vivendas. As imaxes, rexistradas máis de vinte anos antes da actual devastación, adquiren hoxe un especial valor como testemuño histórico dunha realidade profundamente transformada pola guerra.
A obra converte esas imaxes esquecidas nunha reflexión cinematográfica sobre a memoria, a perda e o paso do tempo, e nun retrato dunha Gaza que xa non existe tal e como foi filmada.
Con esta iniciativa, o Iescha reafirma o seu compromiso coa difusión cultural e coa solidariedade co pobo palestino, contribuíndo a manter viva a súa memoria e a dar visibilidade á súa historia e á súa realidade presente.
Dende o Iescha, expresamos o noso agradecemento a todas as persoas que fixeron posible este acto.
Ata a próxima!!!
GALERÍA DE FOTOS




















VIDEO RESUME>>>https://www.facebook.com/reel/1909511103547565
