RESEÑA DA REPRESENTACIÓN DE TEATRO XESTUAL “ESTAREI ATÉ A FIN”, DE ZOE IRIARTE, POR ZOEVIXIÓN. CIRCUÍTOS DE TEATRO PROFESIONAL. SÁBADO 29/12/25, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

Este sábado 20 de decembro, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, tivo lugar a representación de “Estarei até a fin”, de Zoe Iriarte (Zoevixión), nun acto organizado polo Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba, dentro do Circuíto de Teatro Profesional, propiciado e financiado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 

A representación non deixou indiferente a ninguén, pois o público, sentado moi preto da acción, sentiuse case dentro da escena, compartindo en primeira persoa a emoción, a dor e o latexar íntimo da historia: unha proposta de teatro xestual sinxela na forma pero intensa na emoción, na que o corpo fala máis ca as palabras. Cunha presenza escénica chea de sensibilidade, a artista constrúe un personaxe fráxil e humano, alguén alleo á guerra que, sen entendela nin escollela, queda atrapado na súa violencia.

A través de movementos precisos, duns cantos obxectos (esa fariña, esa maleta, ese corazón…), da música, da narración de fondo e dunha posta en escena honesta, comprometida e profundamente humana, Zoe Iriarte consegue transmitir a dor silenciosa que provocan os conflitos bélicos: a perda, o medo e a incomprensión. O espectáculo convértese así nun berro contido pola paz, nunha mensaxe antibelicista que interpela ao público desde a emoción e a poesía, sen artificios nin estridencias. 

Desde o Iescha queremos agradecer moi sinceramente a Zoe Iriarte a súa entrega e sensibilidade, e e darlle os parabéns polo seu gran traballo interpretativo.

Agradecementos que facemos extensivos á Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, polo seu apoio e financiación; ao Concello de Vilalba, pola súa colaboración, e ao público asistente, que acompañou con respecto e emoción unha proposta que nos lembra a necesidade de defender a vida e a paz desde a arte.

Ata a próxima!!!

GALERÍA DE FOTOS

VIDEO RESUME>>>>

https://www.facebook.com/reel/917508343935765

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad