O escenario acomódase sobre fondo negro, sobresaíndo os mobles brancos que o adornan. Cadeiras e mesas dispostas con elegancia, mentres dous candelabros, un cunha vela e outro con tres, engaden un toque de luz na penumbra. Este contraste inicial marca o preludio dun enfrontamento épico no cume do pensamento: Rousseau contra Voltaire. Miguel Anxo Martín e Xulio Leal, respectivamente.
Un panfleto anónimo, “O sentimento dos cidadáns”, escrito por Voltaire na súa crítica a Rousseau, desencadea o inicio deste acalorado debate. O enfrontamento entre ambos filósofos desenvólvese no escenario, enriquecido polos seus recursos dialécticos. Así, emerxe unha profunda reflexión sobre a gran crise da Ilustración, confrontando a sociedade do antigo réxime coas democracias modernas.
Magnífico e digno de encomio o traballo dos dous actores, Xulio Leal e Miguel Anxo Martín, dando vida a estes pensadores eruditos e meténdose de cheo nesta gran “liorta”. Fantástica actuación.
Parabéns do Iescha aos dous e a todo o grupo Avelaíña Teatro, co seu director Antonio Simón, polo gran traballo realizado e grazas por participar un ano máis no programa de actividades do IESCHA. Agardamos poder seguir contando con vós no futuro.
Moitas grazas tamén ao Concello de Vilalba e ao equipo técnico do Auditorio polo seu inestimable traballo.
E grazas, como non, ao público asistente.
Ata a próxima!
VIDEO RESUME>>>>>>> https://www.facebook.com/watch?v=1118430839497169