RESEÑA DA XXII RUTA CHAIREGA-RUTA DO RÍO D APONTE DE PEDRA-ANDANDO AS TERRAS DE AS PONTES-DOMINGO 1 DE XUÑO DE 2025

Para este domingo 1 de xuño de 2025 o Iescha tiña programada a XXII Ruta Chairega-Ruta do Río da Ponte da Pedra-Andando as terras de As Pontes. E a verdade e que tocou desfrutar dunha magnífica xornada para andar: ceo con nubes pero sen choiva, temperatura moi agradable, compañía inmellorable e  gañas de camiñar. A escusa, perfecta: facer a Ruta do Río da Ponte de Pedra, en terras pontesas, un percorrido cheo de natureza… E había moito que ver: a flora da zona estaba nun momento pletórico, cunha gran variedade de árboles e plantas cheas de colorido, maioritariamente desa gama de verde tan galego que envolvía o camiño e enchía a vista de agradables sensacións.

Os sons tamén puxeron da súa parte: o río, coas súas augas claras, acompañábanos como unha melodía natural. E os paxaros… Que concerto! 

A ruta levounos por moitos lugares desembocando nas vistas maxestuosas da central térmica e do lago: industria e natureza mirándose cara a cara, como dous vellos coñecidos que aprenderon a convivir.

E se falamos de aprender, temos que falar de Xosé Manuel Felpeto e Xesús Bermúdez, os nosos guías de cabeceira, que compartiron con nós un montón de información valiosa e curiosa. Sempre se agradece ir con quen coñece e ama o que mostra.

Como non podía ser doutra maneira, a xornada rematou co xantar de confraternidade no restaurante Petróleo, de Roupar. Bo comer e boa conversa en magnífica compaña.

Dende o Iescha, agradecemos a participación nesta ruta a todas as persoas que nos acompañaron e de maneira especial a Xosé Manuel Felepto e Xesús Bermúdez, polo seu inestimable traballo.

Quedamos con gañas de repetir!!!

Ata a próxima!!!

VIDEO RESUME>>>>> https://www.facebook.com/watch?v=24193892190214589

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad