Na noite deste venres, oito de setembro de 2023, levouse a cabo a primeira das homenaxes a Manuel María, no seu XIX cabodano, dentro dos actos da Cultura Chairega, que organiza o Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba e a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Arredor da escultura do poeta da Terra Chá, e tendo como telón de fondo a Casa da Cultura (para a que o Iescha, unha vez máis, solicitou recentemente o nome de Manuel María), os asistentes presenciaron un acto no que se mesturou a arte do verso coa homenaxe sentimental: As palabras iniciais, os versos declamados por varios dos asistentes e as flores colocadas ao remate na escultura, deron forma a unha ofrenda sinxela pero chea da admiración e do cariño das persoas asistentes hacia o homenaxeado.
Graciñas a todas e a todos.
Ata a próxima!!!