RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURAS DE MARÍA LEAL “FOLIADA PARA UN ‘TEMPUS FUGIT’”, 23-01-2025, ATA 27-02-25 (FOTOS E VIDEO RESUME)

Na noite deste xoves, 23 de xaneiro, tivo lugar a inauguración da nova exposición de pintura de María Leal “Foliada para un ‘Tempus fugit’“, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, un espazo que se encheu de vida grazas á explosión de cor que caracteriza as obras desta artista vilalbesa. 

Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, presentou a María Leal, e a xeito de conversa entre as dúas foron explicando aos asistentes os principais aspectos da mostra pictórica. Así, falaron da cantidade de exposicións que María Leal ten realizado en moitos lugares de Galicia, do estado e do estranxeiro; da variedade de técnicas empregadas; dunha experiencia visual rica e chea de matices; da libre interpretación ao observala, permitindo que cada visitante conecte coas obras dende a súa propia perspectiva; das profundas sensacións que provoca o xogo de cores presente en cada peza, ou da escada que aparece entre dous cadros, destacándoa como unha metáfora da superación dos momentos que a vida nos presenta.

Houbo tamén momentos para algunha anécdota, como a que compartiu María Leal co público asistente: Contou que o seu fillo maior, durante unha visita a un museo en Malta, atopouse cunha reseña sobre a obra da súa nai. Curiosa e emotiva historia familiar.

O acto de inauguración deselvolveuse nun ambiente cercano e acolledor, onde artista e público compartiron inquedanzas e impresións sobre o que representa o mundo da arte contemporánea. 

Dende o Iescha, queremos expresar o noso agradecemento e os parabéns a María Leal pola súa colaboración e polo seu magnífico traballo. 

Agradecemento que facemos extensivo ao Concello, polo uso da sala, ao persoal técnico do Auditorio e ao público asistente.

Ata a próxima!

VIDEO RESUME>>>> https://www.facebook.com/watch?v=1819957565496986

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad