Emocionante, conmevodora e necesaria historia a presenciada este xoves 7 de marzo na Casa da Cultura de Vilalba coa proxección do documental “As Silenciadas”, de Pablo Ces, con guión e produción de Aurora Marco, nun acto organizado polo Instituto de Estudos Chairegos.
Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, deu comezo ao acto facendo especial mención á data na que ten lugar este acto e a temática do mesmo, poñendo en valor a loita constante da muller na búsqueda da igualdade ao longo do tempo. A continuación presenta a Aurora Marco, guionista e produtora do documental, autora de libros e colaboradora en infinidade de medios. Destaca tamén dela a súa feceta como persoa de compromiso e gran traballadora pola recuperacion da memoria e en especial das mulleres galegas.
Na súa primeira intervención antes da proxección do documental, Aurora Marco introduciunos nesta desgarradora historia que nos describe a valente loita de moitas mulleres galegas contra o fascismo, explicándonos os pormenores da producción e compartindo as súas experiencias e motivacións detrás do proxecto.
Nun mundo onde se minimizou ou silenciou o papel da muller na loita contra a opresión, obras como “As Silenciadas” destacan como imprescindibles. Este documental non só rescata esas voces esquecidas, senón que tamén nos desafía a reflexionar sobre o papel crucial que desempeñaron as mulleres na resistencia contra o fascismo. É unha homenaxe á súa valentía e determinación, un recordatorio de que a historia non se debe contar dende unha única perspectiva, senón dende todas as voces que a compoñen.
Como remate do acto, houbo un pequeno coloquio para profundizar nalgún dos aspectos do documental.
Dende o Iescha queremos expresar o noso profundo agradecemento á Aurora Marco polo seu interesantísmo traballo e polo tempo e dedicación que comparte neste e noutros actos co Instituto de Estudos Chairegos.
Agradecemento que facemos extensivo tamén ao público asistente.
Ata a próxima!