Na tarde de onte venres, 27 de decembro o Iescha, co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organizou “XA CHEGOU A APALPADORA”, un espectáculo dirixido principalmente aos máis peques, para soñar e aprender a partes iguais.
A Apalpadora, Antía, e o músico do Courel, André, convertiron o acto nunha experiencia chea de contos e cancións que falaban da natureza e do seu coidado. Falouse de nomes de animais, de plantas, de froitos e de árbores. Foi coma un fermoso paseo polo Courel, a trote e a galope, pero sen moverse das sillas. E todo o tempo recordaban algo moi importante: hai que coidar a nosa querida natureza, porque ela dános todo o que necesitamos. Un espectáculo con risas, con músicas e con moito amor pola terra.
Dende o Iescha, queremos agradecer á Antía e André por traernos a Vilalba estas historias, contos e cancións. Grazas por compartir o voso traballo e por axudar a entender o valor de coidar o noso entorno.
E moitas grazas tamén ao público asistente, especialmente, nesta ocasión, ao infantil.
Ata a próxima!!!
VIDEO RESUME>>>>https://www.facebook.com/watch?v=560567943540665