RETO LETOR DA BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ”. O IESCHA ESCOLLEU NESTA OCASIÓN O LIBRO DE IRIA MISA “A CIDADE DO ÁTOMO”

Moito levamos conversado no IESCHA sobre A CIDADE DO ÁTOMO, a obra de IRIA MISA gañadora do Agustín Fernández Paz. As ilustracións de Sonia García son poesía pura!

Recomendamos este mes de agosto a súa lectura, coa que participamos no Reto Lector da Biblioteca Municipal @vilalba.concello.

Máis alá da trama, que é fascinante por si mesma, unha estética única e unha potente poesía impregna cada páxina.

Pripiat é unha cidade en ruínas tras Chernóbil, Lena Petrova é unha nena diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as rúas e edificios baleiros. Non hai nin rastro da súa mellor amiga, Svetlana, mais Lena segue a agardar con ansia o regreso da súa nai.

Se aínda non o léstedes, animádevos a facelo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad