O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV), organiza para o sábado 11 de xuño de 2022, un ROTEIRO denominado ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?
A saída do roteiro está prevista para as 18:00 horas dende o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía, co seguinte RECORRIDO (duración aproximada 2 horas e media):
- CATRO CAMIÑOS
- PORTA DE CIMA
- PRAZA DA IGREXA
- A FERRERÍA
- PRAZA DA FAROLA
- PRAZA DO CASTELO OU DA FEIRA
- A CARRETERA
Inscrición:
Todas as persoas que desexen participar deberán mandar un correo electrónico ao enderezo do IESCHA: estudoschairegos@gmail.com indicando o seu nome e o seu número de teléfono.
Prazo: ata o xoves 9 de xuño.
De haber máis solicitudes que prazas -25- levarase a cabo un sorteo, tendo preferencia os/as asociados/as ao IESCHA.