O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), organiza a segunda das conferencias que programou baixo o título de “TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?
Nesta ocasión, será o vindeiro venres 27 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e actuará como conferenciante JOSÉ MOURIÑO CUBA, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA e LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLÓXICAS.
Presentará o acto ALFONSO BAAMONDE FERNÁNDEZ
Estas actividades enmárcanse na denominación xenérica de DEBATES NECESARIOS, que deron comezo xa o pasado ano coa temática do PXOM, e con eles o Iescha pretende ofrecer a maior información posible sobre asuntos de interese.
A entrada e libre ata cubrir o aforo estipulado, téndose en conta sempre as medidas sanitarias estipuladas en cada momento.