TRADIGALU 2026 (ÁREA DE CULTURA–VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO). CONCERTO MUSICA TRADICIONAL A CARGO DO GRUPO OS VALUROS DE CASTRO DE REI. SÁBADO 27/06/26, ÁS 20:00, AUDITORIO DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do presente mes de xuño, organiza, coa colaboración co Concello de Vilalba un concerto de música tradicional a cargo do grupo OS VALUROS de Castro de Rei, dentro do Programa TRADIGALU convocado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo para o presente ano 2026.

O acto terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba, o sábado 27 de xuño de 2026, ás 20:00. A entrada será de balde, pero haberá que facer reserva de localidades (entradasvilalba.es).

TRADIGALU é unha iniciativa da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo de carácter itinerante e integradora dentro do ámbito territorial comarcal provincial, pensada para complementar e/ou espallar a programación cultural de natureza musical ás 13 comarcas da provincia de Lugo, xerando sinerxias para o desenvolvemento económico, para a promoción musico-cultural e para fomentar a integración e o benestar social ao permitir o acceso á cultural musical de toda a cidadanía.

Neste programa participan grupos corais, grupos de música tradicional e bandas de música radicadas na provincia de Lugo e cuxas actuacións percorren o territorio das 13 comarcas da Provincia.

GRUPO OS VALUROS (Castro de Rei)

“Os Valuros naceron no ano 1990 froito da unión dun pequeno grupo de nenas e nenos do concello de Castro de Rei (Lugo) e arredores. Unidos polo seu amor á música tradicional traballaron arreo para converterse en músicos e bailadores; o que supón un papel básico no futuro das tradicións.

Hoxe en día forman un variado grupo de música tradicional onde non faltan gaitas, saxofóns, acordeóns, pandeiretas, percusións e un coro tradicional ademais dos grupos de baile. No seu 25 aniversario publicaron o seu primeiro traballo discográfico ‘Valurias’. Un exemplo claro do papel que xogan as distintas asociacións que ao longo de todo o país transmiten os coñecementos das tradicións ás novas xeracións para que saiban conservalas, respectalas e poñelas en valor.” (extraído de https://www.pontevedraviva.com/…/rumboia-139-os-valuros…)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad