UN ANO DE CULTURA COMPARTIDA. VIDEO RESUME DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA RECOLLENDO A ACTIVIDADE CULTURAL DO ANO 2024, A PIQUES DE REMATAR

UN ANO DE CULTURA COMPARTIDA

Como se pode apreciar no video resume que acompaña a este texto, o Instituto de Estudos Chairegos programou para este ano 2024, a piques de rematar, unha intensa e variada actividade cultural que puxo de manifesto o noso firme compromiso coa defensa e promoción da cultura galega en xeral e da chairega en particular. Grazas á colaboración de soci@s, institucións, asociacións, outras entidades, á participación activa do equipo que conforma a xunta directiva do Iescha e ao público en xeral, conseguimos levar a cabo unha gran variedade de eventos que pretenderon deixar unha pegada significativa na nosa comunidade.

Organizamos concertos, enchendo de música os nosos espazos; planificamos conferencias, complementando os coñecementos en moi diversos temas; deseñamos rutas e viaxes, achegándonos ás nosas raíces; programamos exposicións, poñendo en valor a nosa identidade, o noso patrimonio e a calidade visual e artística da xente; promovimos o teatro e o cine a xeito de fiestras a novas historias; acollimos xornadas, abrindo foros de diálogo construtivo; recoñecimos o talento literario, convocando premios que poñen en valor a literatura galega; creamos murais conmemorativos, recordando, homenaxeando e reivindicando; editamos publicacións que perdurarán como legado cultural…

…En definitiva, dende o Iescha intentamos construír un ano cultural intenso e variado, onde a paixón e o traballo en equipo se xuntaron para defender o que é noso e compartilo con todas e todos. En 2024 quixemos demostrar que a CULTURA é a alma que nos une e a ponte para un futuro máis rico e diverso.

Grazas a todas as persoas que o fixeron posible e por formar parte desta viaxe!

Ata a próxima!

VIDEO RESUME ACTIVIDADE CULTURAL ANO 2024>>>>> https://www.facebook.com/watch?v=578073688309910

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad