VAISE UN DOS NOSOS! VÁISENOS MORÓN! LEMBRANZA DO INSTUTUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A CARLOS ARTURO CELEIRO MORÓN, GAITEIRO, UN DOS PIARES E FUNDADOR DO GRUPO FOLK VILALBÉS XORIMA

VAISE UN DOS NOSOS! VÁISENOS MORÓN!

Hoxe cústanos atopar palabras para despedir ao noso querido amigo Morón. Marcha un amigo, un corazón xeneroso que latexaba ao compás da gaita e do amor pola nosa terra.

Morón foi gaiteiro por vocación e por sentimento. Un dos piares e fundador do grupo folk Xorima, importante movemento musical e cultural da época, co que levou a música tradicional a moitos lugares, sempre coa humildade dos grandes e coa paixón dos que cren no que fan. A súa maneira de tocar era identidade, era memoria, era emoción compartida.

Estivo sempre fondamente vencellado á música tradicional galega, defendéndoa, coidándoa e transmitíndoa ás novas xeracións. Mais, por riba de todo, Morón era unha boa persoa. Amigo leal, compañeiro disposto, sorriso sincero e man tendida.

Vaise un dos nosos! Váisenos Morón! Quédanos o seu recordo, as súas melodías, o seu exemplo de compromiso e de amizade verdadeira.

Que a terra che sexa leve, amigo Morón!

A XUNTA DIRECTIVA DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad