Nova exposición de fotografía antiga de Guitiriz e a súa xente. É xa a sexta que organiza o Instituto de Estudos Chairegos, que correspondería facer xa no pasado ano, pero que foi adiada por mor da Covid-19.
Como nas anteriores edicións, nesta exposición móstranse 120 fotos en branco e negro e de temática diversa; lugares, festas, persoas soas ou en grupos, traballos, ocio, deporte, etc. Con cada unha delas podemos gozar coa lembranza ou aprender como era a nosa vila hai décadas e como vivían, como vestían, como se divertían, como traballaban, etc. os guitiricenses da segunda metade do século pasado.
Esta exposición, ao igual cas pasadas, estará aberta ao público na Escola Habaneira, a partir do venres, 17 de decembro, ás 19h. Ese mesmo día realizarase o visionado comentado de todas as fotos expostas