Non podía escollerse un mellor acto por parte do IESCHA para rematar este ano 2022: unha merecida homenaxe a Bernardo García Cendán cando se cumplen dez anos do seu pasamento, inaugurando unha incrición nunha das lousas da praza da Igrexa, esa praza que tantas veces el percorreu.
E parece como se o tempo fixese unha paréntese entre tanta choiva e nos agasallara cunha fermosa mañá (algo ventosa) para lembrar ao noso benquerido Bernardo. Porque diso se trataba: recordar, loubar, añorar, por en valor … ao intelectual, ao escritor, ao crego, ao compañeiro… ao amigo.
E a fe que se conseguiu. Coa presenza de familiares e xente amiga; coa colaboración de Icía Cortiñas e Sara Puentes, interpretando dúas fermosas pezas á guitarra e á frauta; co recitado de máis de catorce poemas do propio Bernardo a cargo de familiares e amigas e amigos; co bo traballo do noso canteiro de cabeceira, José Gómez de Barnardo “Pepón”, coa boa disposición do equipo técnico do Concello, e sobre todo coa presenza de moitas persoas que quixeron deixar constancia do seu cariño por Bernardo.
Así que, a palabra, a música, a poesía, a reivindicación, que foron sempre protagonistas na vida de Bernardo, (armas de paz, que diría el), fórono tamén hoxe neste sinxelo pero emotivo e entrañable acto.
Graciñas a tod@s. Feliz Ano 2023!!!
Vémonos axiña…