Nesta tarde do venres, a Casa da Cultura de Vilalba acolleu a proxección do documental “A Vivenda, un ben social?”, de Marisé Fernández é Xose Bocixa. Posteriormente, tivo lugar unha charla coa propia Marisé Fernández e Xosé Anxo Carreira Montes, arquitecto e profesor, que aportaron interesantes puntos de vista sobre a problemática da vivienda social así como doutros aspectos relacionados co urbanismo en xeral.
Dende o IESCHA, agradecémoslles moi sinceramente a súa participación neste acto e agardamos poder contar con eles en futuros actos.