VII RUTA CULTURAL DO IESCHA VISITANDO SARGADELOS E OS CANTÍS DE MORÁS. RESUMO VIDEOGRÁFICO

Magnífica a ruta cultural que para este domingo 18 de setembro preparou o IESCHA coa fin de visitar Sargadelos e os Cantís de Morás. Foi unha xornada ben completa misturando a faceta cultural, a paisaxística, a gastronómica, a social.

Agradecemos a Elisa, a guía que nos acompañou pola maña, a súa completa e amena información, así como a todas as persoas que compartiron con nós esta experiencia apuntándose para a realización da ruta.  

Era esta a primeira que organizaba o IESCHA despois do parón motivado pola pandemia e quedaron moitas gañas de comezar xa cos preparativos da seguinte.

Manterémosvos informadas e informados.  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad