Despois do parón motivado pola pandemia, o IESCHA retoma a organización das rutas, programando para o domingo 18 de setembro de 2022 a VII Ruta Cultural á Fábrica de SARGADELOS, para a que contaremos coa presenza dunha guía.
PROGRAMA
A saída de Vilalba, dende a casa da Cultura, producirase ás 9:00 horas.
Unha vez en Sargadelos, daremos comezo a visita á fábrica durante toda a mañá:
v FÁBRICA DE SARGADELOS.-
O novo Museo de Sargadelos recorre a historia da fábrica de cerámica nas súas cinco etapas, a evolución dos deseños e a contribución á posta en valor da cultura de Galicia. Tamén expón obras de grandes artistas como Luís Seoane ou Díaz Pardo e mostras de olaría tradicional galega.
No antigo edificio que no seu día albergou o Seminario Sargadelos, conta con sete salas expositivas, o renovado auditorio, o túnel de obras dos estudantes das experiencias de verán desde 1971… No futuro prevense novas salas e recuperar a casa que Isaac Díaz Pardo, o gran impulsor da quinta etapa de Sargadelos, habitou na época na que foi veciño de Cervo.
A visita ao novo museo é o complemento perfecto á que se pode realizar á planta de produción do complexo Sargadelos, ambas as dúas incluídas na “Experiencia Sargadelos” (https://amarinalucense.gal)
Rematada a visita, realizaremos unha pequeña ruta a pé, polo camiño real, ata Cervo.
Dende Cervo, xa en autobús, trasladarémonos a Morás, onde terá lugar o xantar no RESTAURANTE A CANCELA.
Unha vez rematado o xantar, teremos tempo para visitar naquela zona: “O cemiterio dos dolos” e “Os cantís de Papel”, entre outras.
Posteriormente, regresaremos a Vilalba.
A cuota que haberá que pagar será de 20 € por adulto (os menores acompañados, 5 €) que inclúe a comida, o autobús e a visita guiada.
Os/as interesados/as poden apuntarse ata o mércores 14 de setembro –como data tope improrrogable- ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ou ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva. (Algúns teléfonos: 686-451501/651-361628).