VIII RUTA CULTURAL VISITANDO AS TERRAS DE PADRÓN, DODRO E RIANXO-DOMINGO 26 DE MARZO DE 2023-INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS (VIDEO-RESUME)

Espléndido día o deste domingo para realizar a VIII Ruta Cultural por terras de Padrón, Dodro e Rianxo que organizou o Iescha.

Comezamos o percorrido en Padrón, visitando a Casa-Museo de Rosalía, onde tivemos a sorte de poder contar cun excepcional anfitrión, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, quen nos ofreceu completas e detalladas explicacións sobre a Casa-Museo e a figura de nosa egrexia escritora.

Seguimos a nosa viaxe ata chegar a Dodro, onde nos agardaba Carlos Henrique Ferández Coto, presidente de Apatrigal, verdadeiro defensor e coñecedor de todo o relativo ao patrimonio cultural galego, quen nos deu a coñecer detalles do hórreo de Arco e dos de Imo, poñendo en valor moitos aspectos da arquitectura popular galega.

Xa en Rianxo, puidemos contemplar algunhas das nomeadas Casas do Remo e visitar a Casa-Museo Manuel Antonio, un lugar cheo de historia e cultura.

Tras disfrutar dunha sabrosa e reconfortante comida no Restaurante Ourense, dirixímonos a Araño, para ver de cerca o hórreo de Santa Baia, considerado como o máis longo do mundo.

Como remate da xornada, demos un paseo polas rúas de Rianxo, onde poidemos disfrutar da súa paisaxe e da brisa do mar.

En definitiva, un día estupendo, cheo de cultura, historia e gastronomía galegas.

Só nos queda agradecer, unha vez máis, a Anxo Angueira e Carlos Fernández Coto a súa inestimable e desinteresada colaboración, así como a todos os participantes na Ruta.

Ata a próxima!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad