O IESCHA organiza a VIII Ruta Cultural polas terras de PADRÓN, DODRO e RIANXO, prevista para o domingo 26 de marzo de 2023 e co seguinte
PROGRAMA
A saída de Vilalba, dende a Casa da Cultura, producirase ás 9:00 horas.
Unha vez en PADRÓN, daremos comezo a visita á CASA DE ROSALÍA, onde poderemos disfrutar das explicacións de ANXO ANGUEIRA, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
Unha vez rematada esta visita, dirixirémonos a DODRO, onde poderemos contemplar os HÓRREOS DE IMO, contando coa presenza dalgún representante cultural da vila.
A continuación, seguiremos viaxe ata RIANXO, onde terá lugar o xantar na Parrillada OURENSE.
(Estrada Tanxil, 37, 15920 Rianxo, A Coruña- telf.- 981 86 65 05)
Despois, visitaremos a CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO e as CASAS DO REMO en RIANXO para o que contaremos coa participación de CARLOS HENRIQUE FERNÁNDEZ COTO, arquitecto, director da oficina de rehabilitación de Rianxo e presidente da Asociacion para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (que tamén nos acompañará en Dodro).
Rematada a visita, regresaremos a Vilalba.
A cuota que haberá que pagar será de 25 € por adulto. Os menores, acompañados, aboarán a cantidade de 5 €. No prezo vai incluída a comida, o autobús e a entrada á Casa de Rosalía.
Os/as interesados/as poderán apuntarse ata o mércores 22 de marzo, como data tope improrrogable, ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ou ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva, facendo constar, de ser o caso, calquera circunstancia que se considere oportuno sinalar.
(Algúns teléfonos: 686-451501/651-361628).