VÍdeo da presidenta do Instituto de Estudos Chairegos, MARISA BARREIRO, que dá inicio á HOMENAXE POPULAR A MANUEL MARÍA baixo a denominación de VILALBA, DONA DA CHAIRA. A partir de hoxe, oito de setembro, cando se cumple o XVI Cabodano do seu pasamento, e durante un tempo, iranse publicando outros remitidos por un importante número de persoas pertencentes a distintos ámbitos, tanto xeográficos como profesionais, e con disitintos formatos: a música, o recitado, a debuxo, a pintura, o comentario, a loa…